Como prestou!
mércores, 21 de xuño de 2023
domingo, 18 de xuño de 2023
Festa fin de curso
Ola familias!
sábado, 17 de xuño de 2023
Grazas a Centro de Interpretación de Caldoval pola visita de hoxe, e por facer que aprender a nosa historia sexa tan entretido
domingo, 11 de xuño de 2023
Excursión a Caldoval
Queridas familias!! Pasamos por aquí para lembrarvos que o próximo sábado imos de excursión, ainda hai tempo a inscribirse. Aproveitade a ocasión de visitar un xacemento parte dunha vila habitada entre o século I e o V. d.C, en época do Imperio Romano. Descubrir como vivían, o uso de cada unha das estancias, as súas vestimentas, que facían no seu tempo de lecer...
martes, 6 de xuño de 2023
Encontro asociaciacións do eume e comarcas veciñas
Este sábado participaremos no encontro de asociacións do eume e comarcas veciñas, co obxectivo de seguir tecendo redes con outras entidades, e seguir mellorando a nosa proposta de actividades para o cole.
luns, 5 de xuño de 2023
Patio xabre
O invernadoiro está xa case listo para poder iniciar setembro co horto escolar en marcha. Recuperamos a pousada de bechos, que axudará coa polinización e a controlar as pragas. A cabana punky volve a ser un recuncho recollido e fresquiño, ao igual que a zona relax do patio de xabre. Ademais montouse a cociña de exterior. Grazas a todas as familias que se achegaron este domingo a colaborar! . A ver que vos contan!