venres, 11 de febreiro de 2022

Pioneiras

 👀A infancia está falta de referentes femininas, por iso hoxe quixemos conmemorar o día, axudando a medrar a biblioteca do cole cos libros de Pioneiras.📚 

Exeria, Isabel Barreto, Isabel Zendal, Sofía Casanova, Marcela e Elisa, Irene González, Áurea Rodríguez, Mª Luz Morales, Olimpia Valencia, Celia Rivas, Ángeles Alvariño, Antonia Ferrín, Rita F. Queimadelos, Antonia Sanjurjo, Mercedes Mariño, Ángela Ruiz Robles, Elisa Patiño, Concepción Pérez Iglesias, María Barbeito, Joaquina García, Manuela Barreiro Pico, María Cardarelly... galegas que abriron camiño





mércores, 9 de febreiro de 2022

OBRADOIRO CABANA VIMBIO VIVO

 👋Boa tarde familias! 

Outra proposta para facer en familia❓

Obradoiro de realización de cabana con vimbio vivo.🎪

📅O 26 febreiro de 10:30 a 14:30 e de 14:30 a 18:30, podes elexir a quenda que tí prefiras! Ou toda a xornada.

📧As persoas interesadas en participar, deberán comunicalo a través do correo electrónico: 

anpa.o.castineiro@gmail.com poñendo o nome das persoas que participarían.

Tan só se teran en conta as inscricións feitas a través do email, e terase en conta a orde de entrada para ocupar as prazas, no caso de superarse. ‼️

👉 O obradoiro será executado por Julia de La Parabólica, e é de balde!

👉 A proposta parte das conclusións do proxecto de Medrando en Igualdade, nas que o alumnado do cole demandou mais recunchos onde poder estar en intimidade.



mércores, 2 de febreiro de 2022

Ecovisita a Casa Grande de Xanceda

 

👋Boa tarde familias!
Quen se anima a unha excursión en familia❓
Ecovisita a Casa Grande de Xanceda!🐮
📅O 27 de marzo as 17.00h.
📧As persoas interesadas en participar, deberán comunicalo a través do correo electrónico:
anpa.o.castineiro@gmail.com poñendo o nome das persoas que participarían.
Tan só se teran en conta as inscricións feitas a través do email, e se terá en conta a orde de entrada para ocupar as 20 prazas, no caso de superarse. !‼️
👉O prexo da actividade é de 5 euros por persoa.
👉Para as familias socias da ANPA será de balde!
Ao remate da visita haberá unha degustación de produtos ecolóxicos😋





domingo, 30 de xaneiro de 2022

martes, 11 de xaneiro de 2022

Plan de acción Medrando en Igualdade

Ola familias,


Mentres aínda temos na cociña a proposta de actividades para este ano. 🍽
Avanzamos que gran parte das mesmas xiran en torno as conclusións do proxecto "Medrando en Igualdade".

Podedes ver aquí o que a comunidade educativa decidiu facer nos patios do cole nos tres próximos cursos!

Agardamos que vos guste tanto como a nos!😍