mércores, 7 de decembro de 2022

Estación metereolóxica

 https://app.weathercloud.net/map#8745790728

https://www.wunderground.com/weather/es/cabanas/ICABAN33

Temos estación metereolóxica propia!!!

Xa podedes consultar a climatoloxía que vai no cole en tempo real.
Outro obxectivo acadado de "Medrando en igualdade" promovido pola ANPA O Castiñeiro, para a transformación dos espazos de xogo do alumnado do noso centro.
Forma parte tamén do proxecto financiado por Voz Natura, "Ecocomunidade escolar: Tempo de comunidade, comunidade a un tempo".
Esperemos que axude ao alumnado a interpretar o clima de xeito activo.
43° 25' 31" N 008° 10' 17" W


venres, 4 de novembro de 2022

Obradoiro Folla Millo

 O outono é tempo de colleita.

A recollida do millo, tiña grande importancia nas nosas terras.

Boa mostra a fan os 38 muíños que no seu momento tivo o río Dana, que pasa ao carón do cole, dos que nos queda o de o noso amigo Ton.

A recollida do millo daba paso á celebración da esfolla, onde a veciñanza se xuntaba para realizar esta tarefa de xeito colectivo.

Temos unha sorte inmensa de ter a Cabanas Rural Asociación de Mulleres, sempre dispostas, axudándonos a non esquecer de onde vimos