luns, 28 de marzo de 2022

Pousada de insectos

 

📣Alá imos coa seguinte proposta que parte das conclusións do proxecto de Medrando en Igualdade. Desta volta, para seguir enchendo o nose cole de vida, construiremos unha pousada de insectos, baixo o asesoramento de Yuma. 🦋🐞🐝
👉Crearase unha pousada para o cole, e cada familia preparará a súa pequena pousada para levar a casa.
📧As persoas interesadas en participar, deberán comunicalo a través do correo electrónico:
anpa.o.castineiro@gmail.com poñendo o nome das persoas que participarían.
Tan só se terán en conta as inscricións feitas a través do email, e terase en conta a orde de entrada para ocupar as prazas, no caso de superarse. ‼️





martes, 8 de marzo de 2022

8M

 

➡️Protección laboral para o embarazo e lactancia.
➡️Permisos preparto retribuídos e universais.
➡️Erradicar a discriminación laboral de embarazadas e nais.
➡️Ampliación, transferibilidade e universalidade dos permisos de maternidade.
➡️Reduccións de xornada e excedencias remuneradas.
➡️Permisos retribuídos por enfermidade, hospitalización ou corentena e outras obrigas derivadas da crianza no ámbito escolar
➡️Medidas reais que promovan a corresponsabilidade



domingo, 27 de febreiro de 2022

Cabana Vimbio

 Orgullosas de que o alumnado do Eladia Mariño, poida ver que o seu patio soñado comeza a coller forma!

Mil grazas a toda a equipa de familias💪!

Cómo nos prestou, e cómo botávamos de menos de vernos as caras!



domingo, 13 de febreiro de 2022

Obradoiro casiñas paxaros

 Ah! que non vos contamos aínda o do obradoiro das casiñas de paxaros,

🐦 mais... como unha imaxe vale mais que mil palabras, fixemos un video⬇️

Mil grazas a Júlio, carpinteiro e bombeiro forestal, que nos acompañou na construción das casiñas mentres compartía con nos o seu coñecemento das nosas fragas e a importancia da biodiversidade (jssaians@hotmail.com)

E ao colectivo cultural Rampla Rampla, polo xogo cooperativo de Paxaros II, que xa está tamén no cole.