Ide reservando a data para o obradoiro de xaneiro!
venres, 19 de xaneiro de 2024
martes, 12 de decembro de 2023
O Apalpador e a nena sen medo
👉 O xoves da próxima semana, como remate de trimestre, estará no noso cole A Xanela do Maxín co seu contacontos "O Apalpador e a nena sen medo". https://axaneladomaxin.com/espectaculos/o-apalpador-e-a-nena-sen-medo/
✍️ A entrada é de balde, pero cun aforo limitado, polo que as persoas interesadas podedes inscribirvos no correo anpa.o.castineiro@gmail.com
martes, 17 de outubro de 2023
Inscrición ou renovación cota familias asociadas. Curso 2023 - 2024.
Boa entrada de curso familias!
Achegamos o documento de inscrición para as familias que teñan interese en asociarse á ANPA, ou renovar a cota, neste curso 2023 - 2024.
As familias xa asociadas tan so precisan renovar a cota e enviar xustificante. As familias que se fan socias por primeira vez, deberán cubrir tamén o formulario.
martes, 22 de agosto de 2023
Patio soñado!
Ola familias!
este curso rematado puidemos seguir acadando obxectivos nos nosos patios grazas ao financiamento da Deputación de A Coruña. (importe concedido 1937,77 € coeficiente 0,8000)
Este curso toca revisar o plan de acción no que levamos traballando xa tres anos, e nos gustaría contar con a vosa opinión.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)