Amosando publicacións coa etiqueta Educación ambiental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación ambiental. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de maio de 2021

As nosas letras



Onte foi o día das nosas letras. 

Na ANPA O Castiñeiro  celebrámolo con esta ilustración de Leandro Lamas, na que vemos maravillosamente reflectidas as inquedanzas da ANPA. 

Xogo...Natureza... Cultura...

Querémolo compartir con vós cunha mostra dos nomes das nosas árbores, animais terrestres, animais mariños e aves, que tamén entregamos no cole en 9 pósters. Ademais, deixamos na biblioteca tres xogos de mesa de "Brazolinda" para que as nenas e os nenos do Eladia Mariño podan xogar en galego todo o ano

Temos unha lingua chea de vida.

Temos unha ANPA chea de vida.

Temos UN COLE CHEO DE VIDA.



martes, 23 de febreiro de 2021

As novas medidas de axuda na protección contra a covid 19 xa están en marcha!


A ANPA o Castiñeiro colabora coa adquisición de dous medidores de CO2 e a instalación de placas nas fiestras que garantizan a boa ventilación pero melloran o confort térmico nas aulas e no comedor.

Seguimos enchendo de vida o cole, tamén contra pandemias!




mércores, 23 de decembro de 2020

O apalpador saúda a Cabanas!

Felices festas, familias!!! Comezaremos o 2021 con forzas renovadas. Deixámosvos aquí a mensaxe que vos enviou o Apalpador dende a súa casiña do Courel cando chegou ós seus oídos que andabades apañando e plantando landras. 

No 2021 o Eladia Mariño estará máis cheo de vida que nunca!!!!