mércores, 21 de xuño de 2023

domingo, 18 de xuño de 2023

Festa fin de curso

 Ola familias!

Outro curso que xa vai fora!😱
Antes de dar comenzo ás ben merecidas vacacións 💆gustaríanos celebrar convosco o fin de curso.
Teremos teatro de sombras coa obra Alén, dentro do circuito da rede cultural da Deputación de Coruña. 🎭
Inauguraremos o patio de xabre, no que as familias estivemos traballando este curso, para equipar o patio en base a como foi soñado, hai xa dous anos.🤩
E por suposto non podería faltar merendola e repichoca 🍌🎵🍓🎶
A partir das 17:00 o próximo mércores 21 de xuño!
Achegate! Trae o teu instrumento, si tes, e moitas ganas de festa! 🥳



sábado, 17 de xuño de 2023

domingo, 11 de xuño de 2023

Excursión a Caldoval

 Queridas familias!! Pasamos por aquí para lembrarvos que o próximo sábado imos de excursión, ainda hai tempo a inscribirse. Aproveitade a ocasión de visitar un xacemento parte dunha vila habitada entre o século I e o V. d.C, en época do Imperio Romano. Descubrir como vivían, o uso de cada unha das estancias, as súas vestimentas, que facían no seu tempo de lecer...

 


martes, 6 de xuño de 2023

Encontro asociaciacións do eume e comarcas veciñas

 Este sábado participaremos no encontro de asociacións do eume e comarcas veciñas, co obxectivo de seguir tecendo redes con outras entidades, e seguir mellorando a nosa proposta de actividades para o cole.





luns, 5 de xuño de 2023

Patio xabre

O invernadoiro está xa case listo para poder iniciar setembro co horto escolar en marcha. Recuperamos a pousada de bechos, que axudará coa polinización e a controlar as pragas. A cabana punky volve a ser un recuncho recollido e fresquiño, ao igual que a zona relax do patio de xabre. Ademais montouse a cociña de exterior. Grazas a todas as familias que se achegaron este domingo a colaborar! . A ver que vos contan! 

Actividade realizada grazas ao financiamento da Deputación da Coruña.
Importe concedido 1.937,77€

Coef. 0,8000