martes, 14 de decembro de 2021

Asemblea Xeral Ordinaria 2021

 

Boa tarde familias! 👋👋👋

Imos xa pechando un ano intenso. Non queríamos rematalo sen ter unha oportunidade de poder vernos (con seguridade e coidándonos) as caras.

👉 O próximo Martes 21 ás 18:00h no pavillón do cole, celebraremos a nosa asemblea xeral ordinaria anual.

Consultade aquí a convocatoria.

👍 Quen aínda non puidese asociarse, ese día levaremos os folletos de inscrición e recibos para o pago da cota anual. (12 €)

E para quen non poida vir, presentámosvos a memoria anual das actividades realizadas este ano.👇




venres, 12 de novembro de 2021

Magosto no Eladia!


Hoxe no cole, ademais de gozar dun bonito día, coa compañía de Migallas Teatro e o seu espectáculo Pan de Millo, ao calor do Magosto, e unhas ricas castañas. As nenas e nenos do Eladia, fixeron unhas bonecas de folla de millo, levando con elas un pedaciño da nosa memoria. Grazas á xenerosidade de Cabanas Rural Asociación de Mulleres. Grazas polo voso traballo, hoxe, e sempre. 

sábado, 9 de outubro de 2021

Soña o patio

 Ola familias!

Como sabedes, esta semana comezamos un bo número de profes, familias e técnicas do concello, a traballar na transformación dos nosos patios, a través do proxecto "Medrando en Igualdade". 

Se queredes darnos ideas, e tedes un chisco estes días, podedes debuxar coas vosas fillas e fillos o seu patio soñado. 

Pode inspirarvos este catálogo dun cole que pasou por este mesmo proceso. 

https://es.calameo.com/read/004998464d582fbdcd16d



Para facernos chegar as vosas ideas (co nome do patio):

- Podedes subir á foto ás vosas redes e etiquetar ao noso perfil.

- Enviala ao noso correo anpa.o.castineiro@gmail.com.

- Ou enviarnos unha foto ao Whatsapp: 624. 230. 206



mércores, 6 de outubro de 2021

Campamentos conciliación

Ola familias!

O resultado da enquisa para coñecer as necesidades de conciliación das familias do cole, é de que tan so unha familia precisaría a organización de campamentos por parte da ANPA, o que nos impide formar grupo. Seguimos recollendo esa demanda de necesidades, para si fose preciso, organizar algo nun futuro.

xoves, 23 de setembro de 2021

"Medrando en Igualdade"

Boa tarde familias,

despois de moito tempo e moito traballo, vemos por fin materializado este proxecto.

Agora tan só faltades vos.

Contamos con Rexenerando, para que a comunidade educativa do cole decida a través dun proxecto participativo, cal é o seu patio soñado, dende un punto de vista inclusivo.

As familias estades convidadas a participar nos obradoiros que se realizarán os xoves de Outubro.

Se tes interese en participar, inscríbete no correo:

cristina@rexenerando.com


luns, 6 de setembro de 2021

INSCRICIÓN NA ANPA CURSO 2021-2022



A xunta directiva da ANPA "O CASTIÑEIRO" queremos facervos chegar a nosa idea de que a ANPA sexa un lugar onde se artelle a participación das familias na vida do cole, sendo unha verdadeira representación da vosa voz, e colaborando co profesorado e a dirección do mesmo para a mellora da educación das nosas fillas e fillos.


Por iso e para sacar adiante varios proxectos que temos necesitamos da vosa colaboración.


Nesta ligazón poderedes asociarvos, para este novo curso 2021-2022


Se, ademais, tamén vos gustaría participar activamente colaborando nos diferentes proxectos que temos en mente, podedelo tamén indicar no formulario.


Por un cole cheo de vida!

martes, 18 de maio de 2021

As nosas letras



Onte foi o día das nosas letras. 

Na ANPA O Castiñeiro  celebrámolo con esta ilustración de Leandro Lamas, na que vemos maravillosamente reflectidas as inquedanzas da ANPA. 

Xogo...Natureza... Cultura...

Querémolo compartir con vós cunha mostra dos nomes das nosas árbores, animais terrestres, animais mariños e aves, que tamén entregamos no cole en 9 pósters. Ademais, deixamos na biblioteca tres xogos de mesa de "Brazolinda" para que as nenas e os nenos do Eladia Mariño podan xogar en galego todo o ano

Temos unha lingua chea de vida.

Temos unha ANPA chea de vida.

Temos UN COLE CHEO DE VIDA.



xoves, 11 de marzo de 2021

mércores, 24 de febreiro de 2021

martes, 23 de febreiro de 2021

As novas medidas de axuda na protección contra a covid 19 xa están en marcha!


A ANPA o Castiñeiro colabora coa adquisición de dous medidores de CO2 e a instalación de placas nas fiestras que garantizan a boa ventilación pero melloran o confort térmico nas aulas e no comedor.

Seguimos enchendo de vida o cole, tamén contra pandemias!




venres, 12 de febreiro de 2021

INSCRICIÓN NA ANPA CURSO 2020-2021


A nova xunta directiva da ANPA "O CASTIÑEIRO" queremos presentarnos a toda a comunidade educativa, tamén queremos facervos chegar a nosa idea de que a ANPA sexa un lugar onde se artelle a participación das familias na vida do cole, sendo unha verdadeira representación da vosa voz, e colaborando co profesorado e a dirección do mesmo para a mellora da educación das nosas fillas e fillos.

Por iso e para sacar adiante varios proxectos que temos necesitamos da vosa colaboración.

Nesta ligazón poderedes asociarvos, pagando a cota reducida deste curso.

Se, ademais, tamén vos gustaría participar activamente colaborando nos diferentes proxectos que temos en mente, e que podedes consultar neste documento, podedelo tamén indicar no formulario.

Por un cole cheo de vida!

venres, 5 de febreiro de 2021

O entroido en Galicia


Canto sabes do Entroido en Galicia? Mira a ver se es quen de resolver este pasapalabra e despois investiga sobre elas. Podes comezar botándolle un ollo a esta guía: guía do Entroido en Galicia