sábado, 28 de maio de 2022

Pintura conxunta mural Leandro Lamas

 Seguimos coa traca final, antes de finalizar o curso 🎆

✅ Outro dos obxectivos sacado das conclusións do proxecto Medrando en Igualdade, era o de embelecer o espazo cun mural de Leandro Lamas.👩‍🎨

Grazas ao financiamento da Deputación da Coruña, será posible. 

Importe subvencionado 1000 € (coef. 0,800)

Gustaríache participar?🥰

Inscrición: anpa.o.castineiro@gmail.com



sábado, 21 de maio de 2022

Obradoiro Escalada

 Xa estamos entrada na recta final deste curso, pero queda moita actividade ☺️

Quen se anima?



xoves, 19 de maio de 2022

Xogos con Brazolinda

 Sabemos o importante que é o xogo na socialización da infancia. Por iso, para celebrar as nosas letras, e coa intención de seguir dotando de equipamento lúdico ao centro, non dubidamos en volver a contar con Brazolinda.

Brazolinda é unha empresa dedicada ao deseño, e fabricación artesanal de xogos de mesa, nacida no 2014.

A súa proposta é dotar de material didáctico en galego que permita, a través do xogo, traballar a imaxinación, matemáticas, expresión artística, expresión oral, razoamento, tradición oral, observación, manipulación de obxectos … 

Esperamos que vos gustaran!