Ide reservando a data para o obradoiro de xaneiro!
venres, 19 de xaneiro de 2024
martes, 12 de decembro de 2023
O Apalpador e a nena sen medo
👉 O xoves da próxima semana, como remate de trimestre, estará no noso cole A Xanela do Maxín co seu contacontos "O Apalpador e a nena sen medo". https://axaneladomaxin.com/espectaculos/o-apalpador-e-a-nena-sen-medo/
✍️ A entrada é de balde, pero cun aforo limitado, polo que as persoas interesadas podedes inscribirvos no correo anpa.o.castineiro@gmail.com
martes, 17 de outubro de 2023
Inscrición ou renovación cota familias asociadas. Curso 2023 - 2024.
Boa entrada de curso familias!
Achegamos o documento de inscrición para as familias que teñan interese en asociarse á ANPA, ou renovar a cota, neste curso 2023 - 2024.
As familias xa asociadas tan so precisan renovar a cota e enviar xustificante. As familias que se fan socias por primeira vez, deberán cubrir tamén o formulario.
martes, 22 de agosto de 2023
Patio soñado!
Ola familias!
domingo, 18 de xuño de 2023
Festa fin de curso
Ola familias!
sábado, 17 de xuño de 2023
Grazas a Centro de Interpretación de Caldoval pola visita de hoxe, e por facer que aprender a nosa historia sexa tan entretido
domingo, 11 de xuño de 2023
Excursión a Caldoval
Queridas familias!! Pasamos por aquí para lembrarvos que o próximo sábado imos de excursión, ainda hai tempo a inscribirse. Aproveitade a ocasión de visitar un xacemento parte dunha vila habitada entre o século I e o V. d.C, en época do Imperio Romano. Descubrir como vivían, o uso de cada unha das estancias, as súas vestimentas, que facían no seu tempo de lecer...
martes, 6 de xuño de 2023
Encontro asociaciacións do eume e comarcas veciñas
Este sábado participaremos no encontro de asociacións do eume e comarcas veciñas, co obxectivo de seguir tecendo redes con outras entidades, e seguir mellorando a nosa proposta de actividades para o cole.
luns, 5 de xuño de 2023
Patio xabre
O invernadoiro está xa case listo para poder iniciar setembro co horto escolar en marcha. Recuperamos a pousada de bechos, que axudará coa polinización e a controlar as pragas. A cabana punky volve a ser un recuncho recollido e fresquiño, ao igual que a zona relax do patio de xabre. Ademais montouse a cociña de exterior. Grazas a todas as familias que se achegaron este domingo a colaborar! . A ver que vos contan!
sábado, 3 de xuño de 2023
luns, 29 de maio de 2023
venres, 19 de maio de 2023
II xornada de traballo
Actividade realizada grazas ao financiamento da Deputación da Coruña.
xoves, 18 de maio de 2023
domingo, 9 de abril de 2023
Invernadoiro
E hoxe foi! Grazas a Juan Oliveira, avó dunha das nosas nenas, por pasar hoxe o día con nós agasallándonos co seu traballo e experiencia. E grazas a todas as familias que se achegaron a traballar nesta primeira xornada, doutras que virán.
xoves, 6 de abril de 2023
I Xornada de traballo
Recuperamos o invernadoiro para o noso cole, e damos comenzo este sábado coa sua montaxe! Anímate a vir con nós a montalo!
Actividade realizada grazas ao financiamento da Deputación da Coruña. Importe concedido 1.937,77€ Coef. 0,8000
xoves, 9 de marzo de 2023
Consello Escolar
Hoxe coñecemos que catro persoas decidiron agasallar parte do seu tempo para representarnos no Consello Escolar. É unha moi boa nova que as prazas reservadas á participación das familias poidan por fin cubrirse. Agora nos corresponde a todas buscar un pequeno espazo o xoves 16 para votar.
sábado, 11 de febreiro de 2023
11F
A fascioliasis hepática, é unha enfermidade causada por un parasito, que afecta ao gando.
Marta leva gran parte da súa carreira profesional investigando unha vacina.
Hoxe achegámonos ao seu traballo, trantando de averiguar cal podería ser o caracol que está a enfermar ás vacas.
Grazas a Marta e ao seu marabilloso equipo por resta xornada!!!


.png)














