venres, 12 de febreiro de 2021

INSCRICIÓN NA ANPA CURSO 2020-2021


A nova xunta directiva da ANPA "O CASTIÑEIRO" queremos presentarnos a toda a comunidade educativa, tamén queremos facervos chegar a nosa idea de que a ANPA sexa un lugar onde se artelle a participación das familias na vida do cole, sendo unha verdadeira representación da vosa voz, e colaborando co profesorado e a dirección do mesmo para a mellora da educación das nosas fillas e fillos.

Por iso e para sacar adiante varios proxectos que temos necesitamos da vosa colaboración.

Nesta ligazón poderedes asociarvos, pagando a cota reducida deste curso.

Se, ademais, tamén vos gustaría participar activamente colaborando nos diferentes proxectos que temos en mente, e que podedes consultar neste documento, podedelo tamén indicar no formulario.

Por un cole cheo de vida!

venres, 5 de febreiro de 2021

O entroido en Galicia


Canto sabes do Entroido en Galicia? Mira a ver se es quen de resolver este pasapalabra e despois investiga sobre elas. Podes comezar botándolle un ollo a esta guía: guía do Entroido en Galicia


mércores, 23 de decembro de 2020

O apalpador saúda a Cabanas!

Felices festas, familias!!! Comezaremos o 2021 con forzas renovadas. Deixámosvos aquí a mensaxe que vos enviou o Apalpador dende a súa casiña do Courel cando chegou ós seus oídos que andabades apañando e plantando landras. 

No 2021 o Eladia Mariño estará máis cheo de vida que nunca!!!!

venres, 1 de marzo de 2013

Cuarto día de traballo

Hoxe, dia 17 de febreiro, decidimos seguir traballando apesares da chuvia que non da tregua!!!!

Somos poucos pero ben traballadores e pouco a pouco rematamos de recoller todos os toxos cortados para as fogueiras, empezamos a facer o compost, empregamos o herbicida natural SAL, e comenzamos cos furados para as plantacións de primavera.

voz natura


TRABALLO EN XANEIRO,dia 27/01/2013

Como este mes sigue chovendo hoxe decidimos facer xabón en duas versións: de mans e de lavadora. Sabedes que estamos recollendo o aceite usado da cociña e o vamos a REUTILIZAR, aquí tedes unhas poucas fotos do día.




Os mais pequenos puxeron en práctica a reutilización de botellas plásticas para facer unhas macetas e comedeiros de paxariños que se explican nun post anterior.