xoves, 23 de setembro de 2021

"Medrando en Igualdade"

Boa tarde familias,

despois de moito tempo e moito traballo, vemos por fin materializado este proxecto.

Agora tan só faltades vos.

Contamos con Rexenerando, para que a comunidade educativa do cole decida a través dun proxecto participativo, cal é o seu patio soñado, dende un punto de vista inclusivo.

As familias estades convidadas a participar nos obradoiros que se realizarán os xoves de Outubro.

Se tes interese en participar, inscríbete no correo:

cristina@rexenerando.com


luns, 6 de setembro de 2021

INSCRICIÓN NA ANPA CURSO 2021-2022



A xunta directiva da ANPA "O CASTIÑEIRO" queremos facervos chegar a nosa idea de que a ANPA sexa un lugar onde se artelle a participación das familias na vida do cole, sendo unha verdadeira representación da vosa voz, e colaborando co profesorado e a dirección do mesmo para a mellora da educación das nosas fillas e fillos.


Por iso e para sacar adiante varios proxectos que temos necesitamos da vosa colaboración.


Nesta ligazón poderedes asociarvos, para este novo curso 2021-2022


Se, ademais, tamén vos gustaría participar activamente colaborando nos diferentes proxectos que temos en mente, podedelo tamén indicar no formulario.


Por un cole cheo de vida!

martes, 18 de maio de 2021

As nosas letras



Onte foi o día das nosas letras. 

Na ANPA O Castiñeiro  celebrámolo con esta ilustración de Leandro Lamas, na que vemos maravillosamente reflectidas as inquedanzas da ANPA. 

Xogo...Natureza... Cultura...

Querémolo compartir con vós cunha mostra dos nomes das nosas árbores, animais terrestres, animais mariños e aves, que tamén entregamos no cole en 9 pósters. Ademais, deixamos na biblioteca tres xogos de mesa de "Brazolinda" para que as nenas e os nenos do Eladia Mariño podan xogar en galego todo o ano

Temos unha lingua chea de vida.

Temos unha ANPA chea de vida.

Temos UN COLE CHEO DE VIDA.