martes, 11 de xaneiro de 2022
Plan de acción Medrando en Igualdade
Podedes ver aquí o que a comunidade educativa decidiu facer nos patios do cole nos tres próximos cursos!
Agardamos que vos guste tanto como a nos!
venres, 24 de decembro de 2021
xoves, 16 de decembro de 2021
martes, 14 de decembro de 2021
Asemblea Xeral Ordinaria 2021
Boa tarde familias! 👋👋👋
Imos xa pechando un ano intenso. Non queríamos rematalo sen ter unha oportunidade de poder vernos (con seguridade e coidándonos) as caras.
👉 O próximo Martes 21 ás 18:00h no pavillón do cole, celebraremos a nosa asemblea xeral ordinaria anual.
Consultade aquí a convocatoria.
👍 Quen aínda non puidese asociarse, ese día levaremos os folletos de inscrición e recibos para o pago da cota anual. (12 €)
E para quen non poida vir, presentámosvos a memoria anual das actividades realizadas este ano.👇
venres, 12 de novembro de 2021
Magosto no Eladia!
Hoxe no cole, ademais de gozar dun bonito día, coa compañía de Migallas Teatro e o seu espectáculo Pan de Millo, ao calor do Magosto, e unhas ricas castañas. As nenas e nenos do Eladia, fixeron unhas bonecas de folla de millo, levando con elas un pedaciño da nosa memoria. Grazas á xenerosidade de Cabanas Rural Asociación de Mulleres. Grazas polo voso traballo, hoxe, e sempre.
