sábado, 11 de febreiro de 2023

11F

A fascioliasis hepática, é unha enfermidade causada por un parasito, que afecta ao gando.

Marta leva gran parte da súa carreira profesional investigando unha vacina.

Hoxe achegámonos ao seu traballo, trantando de averiguar cal podería ser o caracol que está a enfermar ás vacas.

Grazas a Marta e ao seu marabilloso equipo por resta xornada!!!







venres, 3 de febreiro de 2023

11F: Día da muller e a nena na ciencia

Nova actividade familias! Precisamos inscrición previa para facer unha estimación do material necesario (de balde!) 
anpa.o.castineiro @gmail.com ou 624230206




domingo, 22 de xaneiro de 2023

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Compartimos con vos a convocatoria da asemblea xeral, o vindeiro sábado 28. Todas as familias asociadas estades convidadas a participar. É moi fermoso formar parte da vida do cole, un cole cheo de vida!




mércores, 7 de decembro de 2022

Estación metereolóxica

 https://app.weathercloud.net/map#8745790728

https://www.wunderground.com/weather/es/cabanas/ICABAN33

Temos estación metereolóxica propia!!!

Xa podedes consultar a climatoloxía que vai no cole en tempo real.
Outro obxectivo acadado de "Medrando en igualdade" promovido pola ANPA O Castiñeiro, para a transformación dos espazos de xogo do alumnado do noso centro.
Forma parte tamén do proxecto financiado por Voz Natura, "Ecocomunidade escolar: Tempo de comunidade, comunidade a un tempo".
Esperemos que axude ao alumnado a interpretar o clima de xeito activo.
43° 25' 31" N 008° 10' 17" W