sábado, 9 de outubro de 2021

Soña o patio

 Ola familias!

Como sabedes, esta semana comezamos un bo número de profes, familias e técnicas do concello, a traballar na transformación dos nosos patios, a través do proxecto "Medrando en Igualdade". 

Se queredes darnos ideas, e tedes un chisco estes días, podedes debuxar coas vosas fillas e fillos o seu patio soñado. 

Pode inspirarvos este catálogo dun cole que pasou por este mesmo proceso. 

https://es.calameo.com/read/004998464d582fbdcd16d



Para facernos chegar as vosas ideas (co nome do patio):

- Podedes subir á foto ás vosas redes e etiquetar ao noso perfil.

- Enviala ao noso correo anpa.o.castineiro@gmail.com.

- Ou enviarnos unha foto ao Whatsapp: 624. 230. 206



mércores, 6 de outubro de 2021

Campamentos conciliación

Ola familias!

O resultado da enquisa para coñecer as necesidades de conciliación das familias do cole, é de que tan so unha familia precisaría a organización de campamentos por parte da ANPA, o que nos impide formar grupo. Seguimos recollendo esa demanda de necesidades, para si fose preciso, organizar algo nun futuro.

xoves, 23 de setembro de 2021

"Medrando en Igualdade"

Boa tarde familias,

despois de moito tempo e moito traballo, vemos por fin materializado este proxecto.

Agora tan só faltades vos.

Contamos con Rexenerando, para que a comunidade educativa do cole decida a través dun proxecto participativo, cal é o seu patio soñado, dende un punto de vista inclusivo.

As familias estades convidadas a participar nos obradoiros que se realizarán os xoves de Outubro.

Se tes interese en participar, inscríbete no correo:

cristina@rexenerando.com


luns, 6 de setembro de 2021

INSCRICIÓN NA ANPA CURSO 2021-2022



A xunta directiva da ANPA "O CASTIÑEIRO" queremos facervos chegar a nosa idea de que a ANPA sexa un lugar onde se artelle a participación das familias na vida do cole, sendo unha verdadeira representación da vosa voz, e colaborando co profesorado e a dirección do mesmo para a mellora da educación das nosas fillas e fillos.


Por iso e para sacar adiante varios proxectos que temos necesitamos da vosa colaboración.


Nesta ligazón poderedes asociarvos, para este novo curso 2021-2022


Se, ademais, tamén vos gustaría participar activamente colaborando nos diferentes proxectos que temos en mente, podedelo tamén indicar no formulario.


Por un cole cheo de vida!