xoves, 19 de maio de 2022

Xogos con Brazolinda

 Sabemos o importante que é o xogo na socialización da infancia. Por iso, para celebrar as nosas letras, e coa intención de seguir dotando de equipamento lúdico ao centro, non dubidamos en volver a contar con Brazolinda.

Brazolinda é unha empresa dedicada ao deseño, e fabricación artesanal de xogos de mesa, nacida no 2014.

A súa proposta é dotar de material didáctico en galego que permita, a través do xogo, traballar a imaxinación, matemáticas, expresión artística, expresión oral, razoamento, tradición oral, observación, manipulación de obxectos … 

Esperamos que vos gustaran!




Ningún comentario:

Publicar un comentario