sábado, 21 de maio de 2022

Obradoiro Escalada

 Xa estamos entrada na recta final deste curso, pero queda moita actividade ☺️

Quen se anima?



xoves, 19 de maio de 2022

Xogos con Brazolinda

 Sabemos o importante que é o xogo na socialización da infancia. Por iso, para celebrar as nosas letras, e coa intención de seguir dotando de equipamento lúdico ao centro, non dubidamos en volver a contar con Brazolinda.

Brazolinda é unha empresa dedicada ao deseño, e fabricación artesanal de xogos de mesa, nacida no 2014.

A súa proposta é dotar de material didáctico en galego que permita, a través do xogo, traballar a imaxinación, matemáticas, expresión artística, expresión oral, razoamento, tradición oral, observación, manipulación de obxectos … 

Esperamos que vos gustaran!




sábado, 9 de abril de 2022

Pousada de insectos realizada!

 Outros dous novos espazos, listos para ser usados á volta.

😃
🦋🐝🐞Pousada de insectos realizada! 🌱E parece que a cabana de vimbio prendeu ben para resistir o xogo que vai a dar, que opinades?😍



sábado, 2 de abril de 2022

Que será?

 Esta semana o alumnado de 4 de primaria, coa colaboración de EuroEume, rematou de elaborar un novo elemento para o noso cole, que será?

🤔